Inicio

Concello e Club KDM Cabanas asinan un convenio de colaboración por 6.000 euros
  • Venres, 29 Xuño 2018

O alcalde, Germán Castrillón, e o presidente do clube, Gumersindo López, rubricaron esta mañá o acordo para a promoción dos deportes náuticos no municipio

Cabanas, 29 de xuño de 2018. O alcalde, Germán Castrillón, e o presidente do Club KDM Cabanas, Gumersindo López, asinaron esta mañá un convenio de colaboración por valor de 6.000 euros. Un convenio co que o Concello quere apoiar o labor que desenvolve a entidade deportiva na promoción dos deportes náuticos e, especialmente, das diferentes modalidades de kaiak.

Aberto o prazo de matrícula para o novo alumnado do PAI das Viñas
  • Martes, 26 Xuño 2018

Os trámites deben formalizarse antes do 6 de xullo, incluído

Cabanas, 26 de xuño de 2018. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais, informa de que o prazo de matrícula no Punto de Atención á Infancia das Viñas está aberto para o alumnado que entra por primeira vez no centro. Así, as familias deben formalizala na casa consistorial antes do 6 de xullo (incluído).

Páxinas