Inicio

Cabanas organiza un Xantar de Fin de Ano aberto a toda a veciñanza
  • Mércores, 18 Decembro 2019

O Concello de Cabanas organiza o Xantar de Fin de Ano, un evento festivo destinado a toda a veciñanza do concello, no que se combinará o xantar cunha actuación musical.

Dito xantar terá lugar o venres 27 de decembro ás 14.30h no Pavillón de Lavandeira e terá un prezo de 25 € por persoa. Aquela xente interesada en apuntarse debe facelo chamando ao 981 495 959 ou de forma presencial nas dependencias do Concello até as 14h do día 23.

Páxinas