Inicio

Aberto o prazo para a consulta do censo para as eleccións do 10 de novembro
  • Luns, 30 Setembro 2019

Ante a convocatoria das eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, a celebrar o 10 de novembro de 2019, e de acordo co establecido na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, as listas censais electorais expóñense ao público na Casa do Concello para a súa consulta polas persoas interesadas, aos efectos de presentación de reclamacións no período comprendido entre o 30 de setembro e o 7 de outubro de 2019.

A unidade móbil da ITV agrícola desprazarase a Cabanas os días 28 e 29 de novembro
  • Sábado, 28 Setembro 2019

A unidade móbil da inspección técnica de vehículos agrícola vaise desprazar ao noso concello os próximos 28 e 29 de novembro de 2019, emprazándose nas inmediacións do Pavillón Municipal de Lavandeira.

O horario de atención será de 09.00 a 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 horas o día 28, e unicamente en horario de mañá o día 29. Para solicitar cita previa pódese chamar ao teléfono 902 309 000 ou acceder á web www.sycitv.com

Cabanas lanza un programa de axudas ao transporte para estudantes
  • Xoves, 26 Setembro 2019

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Mobilidade, vén de lanzar un programa de axudas ao  transporte para estudantes que cursen ciclos formativos de grao superior ou estudos universitarios nas cidades de Ferrol, A Coruña ou Santiago de Compostela.

Cabanas recibe un traballador da Asociación de Municipios Mozambicanos
  • Luns, 23 Setembro 2019

O técnico da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique, Onofre Muianga, pasará unha semana intercambiando coñecementos co persoal do Concello de Cabanas, dentro do programa “Vacacións con Traballo” do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Durante a súa estancia no Concello de Cabanas, Onofre integrarase nas áreas económicas de recadación e tesourería, co obxectivo de aprender e reforzar as capacidades dos municipios do Sur, contribuíndo ao tempo a sensibilizar sobre a súa situación e visibilizar as potencialidades.

Pleno ordinario 25/09/2019
  • Luns, 23 Setembro 2019

Convocada sesión ordinaria do Pleno da Corporación a realizar o mércores 25 de setembro ás 19.30h no Salón de Plenos. Terá a seguinte orde do día:

Concentración de repulsa polo asasinato machista de Valga
  • Martes, 17 Setembro 2019

O Concello de Cabanas súmase ás convocatorias do movemento feminista galego en repulsa do asasinato machista acontecido onte en Valga.

Deste modo, o Concello de Cabanas fai un chamamento a toda a veciñanza para acudir á concentración que terá lugar diante da Casa do Concello o mércores 18 de setembro ás 20h.

Páxinas