Inicio

Cabanas completa unha actuación para a mellora da seguridade no acceso á praia de Chamoso
  • Mércores, 17 Xullo 2019

O Concello de Cabanas concluíu os traballos dunha primeira actuación urxente para mellorar o acceso á praia de Chamoso, co obxectivo de aumentar a seguridade das persoas usuarias do areal.

Nesta actuación restablecéronse os tramos de baranda que faltaban, ao tempo que se reduciron os ocos entre as mesmas para evitar as caídas dos máis pequenos. Así mesmo, aseguráronse as bases e se colocou unha nova corda no camiño de baixada.

Aberto o prazo de inscrición no Cross Popular de Santa Marta 2019
  • Xoves, 11 Xullo 2019

O próximo 4 de agosto, domingo, o Concello de Cabanas organiza o tradicional Cross Popular con motivo das Festas de Santa Marta, que como vén sendo habitual desenvolverase no circuíto do Piñeiral da Madalena, cun percorrido integramente marcado con cinta.

O Concello de Cabanas fai pública a última versión do PXOM
  • Martes, 09 Xullo 2019

O Concello de Cabanas vén de publicar a última versión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobada provisionalmente polo pleno na sesión do 31 de outubro de 2018.

A documentación, que se pode consultar a través da páxina web cabanas.gal, contén todo o expediente agás dous documentos que, de acordo coa LOPD non son compartíbeis ao conteren datos de carácter persoal. Estes documentos son o Informe de alegacións (as persoas interesadas que presentaron alegacións xa recibiron notificación escrita co resultado das mesmas) e o convenio urbanístico F.L.A. - Irís.

Hoxe iníciase o servizo de socorrismo na Praia da Madalena
  • Luns, 01 Xullo 2019

O Concello de Cabanas anuncia a posta en marcha do servizo de socorrismo na Praia da Madalena, que entra a funcionar hoxe, 1 de xullo.

Desde o goberno municipal faise unha valoración moi positiva do traballo realizado para poder poñer en marcha este servizo imprescindíbel no noso concello.

O operativo de Salvamento na Praia da Madalena estará formado por catro traballadores a xornada completa, organizados para cubrir a atención do areal durante a maior parte do día.

Páxinas