Inicio

Xornada Municipal de Promoción da Igualdade
  • Venres, 13 Marzo 2015

As familias son unha das principais figuras de conformación da personalidade das nenas e nenos e, polo tanto, posibles transmisores de roles e condutas sexistas. Pensando nesto, os Servizos Socias do Concello de Cabanas marcáronse o obxectivo de crear un espazo onde compartir experiencias educativas con outras familias e desenvolver ferramentas e habilidades para exercer unha labor educativa de xeito igualitaria para todas e todos. É unha destas ferramentas vaise presentar este venres día 13 de marzo no C.E.I.P. Eladia Mariño a partir das 18:00 horas.

Arranca de novo Envellecemento Activo
  • Venres, 06 Marzo 2015

O Concello de Cabanas, a través do seu departamento de Servizos Sociais, vai retomar novamente o programa de Envellecemento Activo, financiado pola Deputación da Coruña. Despois dun pequeno descanso, o próximo 17 de marzo retomaranse as sesións que se celebran na Antiga Casa Consistorial todos os martes en horario de 11:00 a 12:30 horas.

Parque Natural Fragas do Eume: en vías de solución
  • Sábado, 28 Febreiro 2015

O Alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, recibiu no Concello o venres 27 de febreiro á  conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, co único obxectivo de atopar unha solución definitiva e consensuada ao Plan Reitor de Uso de Xestión dás Fragas do Eume.

Á reunión asistiron Belén do Campo (Delegada Territorial da Xunta na Coruña), o Alcalde de Pontedeume e o Alcalde de Monfero. Entre os compromisos adquiridos pola Xunta para resolver os problemas xerados aos propietarios coa elaboración do Plan Reitor, destácanse os seguintes:

Carnaval en Cabanas
  • Venres, 20 Febreiro 2015

O Concello de Cabanas en colaboración con Cabanas Rural Asociación de Mulleres e o S.C.R.D. O Loureiro vai organizar este sábado unha festa de Carnaval. Séguese desta forma coa iniciativa de levar os festexos polas diferentes parroquias de Cabanas, sendo agora a quenda de Soaserra.

O Concello de Cabanas acóllese o PAI 2015
  • Martes, 17 Febreiro 2015

O Concello de Cabanas celebrou na tarde de onte un Pleno Extraordinario no que se aprobaron diferentes propostas, a máis importante delas a referida ó Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación da Coruña. Trátase este dunha serie de préstamos sen xuros que a Deputación realizará ós concellos da provincia e que ten por finalidade cooperar na redución do seu endebedamento e minorar os custos de mantemento das súas infraestruturas.

Notificación de convocatoria
  • Luns, 16 Febreiro 2015

De acordo co disposto no artigo 80 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, poño no seu coñecemento que o Sr. Alcalde con esta data RESOLVEU:

DECRETO 068/2015. Convocatoria sesión extraordinaria urxente.

Proyecto Taller de Emprego: Fragas do Eume
  • Domingo, 08 Febreiro 2015

O Alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, entregou á delegada territorial da Xunta (Belén Docampo) un proxecto para a creación dun taller de emprego no parque natural das Fragas do Eume. O obxectivo é dobre, por unha banda que os participantes mallores de 18 gocen dun contrato e un salario combinado con formación específica durante 6 meses, e por outra banda beneficiarse da posta en valor das Fragas mediante a realización de tarefas de conservación e recuperación de espazos naturais.

Ampliación do prazo de exposición pública do Plan Reitor de Uso e Xestión das Fragas do Eume
  • Xoves, 05 Febreiro 2015

Tanto dende o Concello de Cabanas como dende a propia Xunta de Galicia queren destacar que estase aínda comezando coa tramitación do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) das Fragas do Eume, que se atopa agora en prazo de exposición pública. Un prazo que grazas as xestións do propio Concello de Cabanas foi ampliado en quince días, para deste xeito poder facilitar inda máis a participación na redacción definitiva de todos os axentes implicados nel. O que se busca fundamentalmente é conseguir o maior consenso posible entre todos para obter un mellor documento.

Páxinas