Inicio

Próxima apertura do prazo de preinscrición para o P.A.I. de As Viñas
  • Martes, 05 Maio 2015

O Punto de Atención á Infancia do Concello de Cabanas abrirá pronto o seu prazo para a preinscrición para o curso 2015-2016 de xeito que as persoas interesadas en obter unha praza no mesmo poidan presentar as súas solicitudes. O prazo dará comezo o día 15 deste mes e rematará o día 30 tamén de maio e os interesados poderán recoller os modelos de inscrición nas oficinas do Rexistro Xeral do concello en días laborables, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Fisioterapia do solo pelviano
  • Mércores, 29 Abril 2015

Un ano máis, os Servizos Sociais do Concello de Cabanas organizarán un curso de fisioterapia do solo pelviano. Trátase esta dunha actividade dirixida tanto a muller como homes de calquera idade, pero con especial recomendación para as mulleres que tiveran partos, mulleres coa menopausa e homes con cirurxía de próstata.

Aberto o prazo de inscrición da EDF Cabanas
  • Xoves, 23 Abril 2015

A Escola de Fútbol de Cabanas (Edf Cabanas) xa ten aberto o prazo de inscrición para todos aqueles nenos e nenas que desexen apuntarse de cara a próxima tempada 2015/2016. Tamén están abertos á inscrición de novos socios que queiran colaborar co seu proxecto formativo.

III Encontros de centros para unha convivencia positiva
  • Xoves, 16 Abril 2015

O Concello de Cabanas acudirá este próximo venres e sábado ó Instituto Castro Alobre, de Vilagarcía de Arousa, par participar na terceira edición dos “Encontros de centros para unha convivencia positiva”, que este ano teñen como tema principal a coeducación. A estas xornadas acudirán dous alumnos do equipo de mediadores xuvenís xunto coa orientadora do IES Fragas do Eume e a educadora familiar de Cabanas.

“O primeiro Picasso”
  • Venres, 10 Abril 2015

A Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Cabanas está a organizar unha visita ó Museo de Belas Artes da Coruña co gallo de visitar a exposición “O Primeiro Picasso”. A viaxe está previsto que se leve a cabo o próximo día 22 de abril. Debido a necesidade de reservar prazas no autobús que faga o desprazamento ata A Coruña, o prazo de inscrición rematará o día 17 de abril.

Rematan os traballos na D.P. 1502
  • Luns, 30 Marzo 2015

Unha das grandes obras que se estaba levando a cabo no Concello de Cabanas está practicamente rematada. O proxecto para a mellora da seguridade viaria na D.P. 1502 está finalizado, a falta de pequenos retoques en tres dos accesos a propiedades particulares que lindan con esta estrada. En total investíronse máis de 600.000 euros nestes traballos, aportados todos pola Deputación da Coruña, que estivo ademais traballando conxuntamente co propio Concello de Cabanas para conseguir sacar adiante este proxecto.

Notificación de convocatoria
  • Mércores, 25 Marzo 2015

De acordo co disposto no artigo 80 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, poño no seu coñecemento que o Sr. Alcalde con esta data ditou o seguinte Decreto:

DECRETO 111/2015. Convocatoria sesión.

VII Gala da Cultura e do Deporte
  • Mércores, 18 Marzo 2015

O Concello de Cabanas celebrará este próximo venres 20 de marzo a súa VII Gala da Cultura e do Deporte. Pensando na promoción do deporte e da cultura, continua esta gala conxunta na que se pretende premiar as figuras máis destacadas nestes dous ámbitos e que teñan unha vinculación con Cabanas. Logo de recibir por parte das diferentes asociacións e dos propios veciños de Cabanas as candidaturas para os galardóns, concedéronse dúas mencións especiais, unha para o ámbito da cultura e outra para o do deporte, así como dous premios de cultura e outros dous de deporte.

Páxinas