Inicio

Terceiro programa gratuíto de deporte inclusivo
  • Luns, 06 Outubro 2014

A Mancomunidade de Concellos, da que forma parte o Concello de Cabanas, desenvolverá a terceira edición do programa de deporte adaptado-inclusivo. Cunha ampla oferta, e coa colaboración da Deputación Provincial de A Coruña, poderanse realizar cursos gratuítos de tenis en cadeira de rodas (8 prazas), boccia (12 prazas),  baloncesto en cadeira de rodas (10 prazas), baile adaptado (18 prazas) e slalom (10 prazas).

Cabanas un referente no mundo das fiandeiras
  • Domingo, 05 Outubro 2014

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, inaugurou o sábado 4 de outubro a VI edición da Feira “A fía da lá”. Coa excepcional organización da Asociación de Mulleres Cabanas Rural, a cita convocou no Pavillón de Lavandeira unha nutrida representación do mundo das fiandeiras de todo o país.

Segundo os organizadores, a presente edición foi a máis concorrida nun evento que sitúa a Cabanas como destino turístico para aqueles interesados na tradición artesanal. Entre outros participaron representantes de Cuarto de la Riera, San Bartolomeu de Insua e Vilalba.

A Mancomunidade, da que forma parte o Concello de Cabanas, trasladará aos portavoces no Congreso a súa preocupación polo desvío de bloques do flotel
  • Mércores, 01 Outubro 2014

Os alcaldes da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol acordaron trasladar aos portavoces dos Grupos Parlamentarios no Congreso dos Deputados en Madrid a súa preocupación e «total rexeitamento e absoluta indignación» polo desvío de bloques do flotel. E que  consideran «inaceptables» as «escasas xustificacións» ofrecidas pola dirección de Navantia, que «unha vez máis perxudica gravemente aos estaleiros da ría de Ferrol».

 

Oferta de 28 actividades para todos os públicos
  • Mércores, 01 Outubro 2014

A concellería de Cultura do Concello de Cabanas está a ultimar o calendario de actividades para este curso 2014-2015, case unha trintena de ofertas para todos os públicos que empezarán a principios do mes de outubro.

Dentro das actividades deportivas ofértase ximnasia terapéutica e de mantemento, aerobic, psicomotricidade, predeporte, multideporte, fútbol sala, pilates, ioga, tenis, pádel, judo, taichi terapéutico e zumba.

Os paseos en barco polas fragas do Eume foron gozados por máis de 1.200 turistas
  • Mércores, 01 Outubro 2014

A embarcación Anduriño, unha aposta turística do Concello de Cabanas, segue cultivando un elevado índice de participación. As súas viaxes desde fai tres anos non fan máis que crecer e xerar positivas opinións da estratexia turística de posta en valor de Cabanas como destino turístico.

Curso homologado (350 horas) de monitor de actividades de tempo libre
  • Venres, 26 Setembro 2014

Cabanas. 25 de setembro de 2014.- O Concello de Cabanas a través da súa Concellería de Cultura e Deportes e en colaboración coa escola de tempo libre Tempus Narón está preparando a organización dun curso oficial de monitor de actividades de tempo libre. Este curso dará inicio o próximo 18 de outubro e ó finalizar o mesmo os seus participantes recibirán o título oficial homologado pola Xunta de Galicia.

Páxinas