Inicio

Condolencias polo accidente ferroviario en Santiago
  • Venres, 26 Xullo 2013

O concello de Cabanas quere sumarse a dor polas vítimas do accidente ferroviario ocorrido o pasado día 24 de xullo en Santiago. Neste momento de angustia e dor queremos trasladar o noso máis sentido pésame a todos os familiares das personas falecidas e mostrar a nosa solidaridade cos feridos que están a sufrir esta traxedia.

 

Fin de semana acuático
  • Mércores, 17 Xullo 2013

Unha fin de semana completa dedicada ó remo. Esta é a proposta do Club KDM en colaboración co Concello de Cabanas e que foi presentada esta mañá na Galería Sargadelos de Ferrol. O obxectivo a perseguir é o de promover o piragüismo e ó mesmo tempo dar a coñecer unha modalidade que está tendo unha gran acollida recentemente como é o kayak de mar.

II Torneo de Pádel
  • Mércores, 19 Xuño 2013

Logo do éxito acadado no ano pasado, o Concello de Cabanas a través da súa Concellería de Cultura e Deportes ten pensado levar a cabo unha nova edición do seu Torneo de Padel, que se disputará nas pistas que o municipio ten na Área Recreativa e Deportiva da Veiga durante os fins de semana do 5,6 e 7 de xullo e do 12, 13 e 14 de xullo. O prazo para inscribirse neste II Torneo de Pádel rematará o próximo 26 de xuño.

Como o ano pasado, o torneo contará con tres categorías diferentes: masculina, femenina e mixta. A categoría de masculina estará dispoñible para participantes de segunda, terceira e cuarta categoría, mentres que a femenina e a mixta serán de cadro único. O prezo de inscrición para tomar parte será de 10 euros de inscribirse nunha soa categoría, e de 15 euros para os que o fagan en dúas.

Baases do II Torneo de Pádel

Folla de Inscrición no II Torneo de Pádel

Tempo de Familias
  • Venres, 24 Maio 2013

A penúltima das sesións do obradoiro Tempo de Familias, educando en preescolar, que organizan os Servizos Sociais do Concello de Cabanas, desenvolveuse na xornada de onte na Escola Laica. Nesta ocasión foron varias as actividades que se levaron a cabo: unha exposición de traballos, unha actuación dun contacontos e un coloquio final.

A primeira das actividades que se levou a cabo nesta xornada foi unha exposición dos traballos que realizaron os participantes neste obradoiro. Estes traballos consistiron en collages feitos polos nenos e nenas, axudados polos seus pais e nais, nos que se empregaron diferentes materiais e técnicas.

Logo desta exposición tivo lugar a actuación de Caxo Contacontos, quen contou unha serie de contos adaptados as idades dos máis cativos. Posteriormente desenvolveuse un coloquio acerca do mundo do conto e as súas posibilidades e vantaxes no desenvolvemento mental e social dos nenos e nenas.

O día 6 de xuño terá lugar a última das sesións deste obradoiro, que se retomará posteriormente no mes de outubro. Esta última consistirá nunha merenda que se organizará no parque do Antigo Concello, na que haberá ademais xogos, cancións e máis contos.

 

Preinscrición no P.A.I. das Viñas
  • Venres, 26 Abril 2013

O Punto de Atención á Infancia do Concello de Cabanas abre o seu prazo para a preinscrición para o curso 2013-2014 de xeito que as persoas interesadas en obter unha praza no mesmo poidan presentar as súas solicitudes. O prazo comezará o próximo 2 de maio e rematará o día 20 do mesmo mes e os interesados poderán recoller os modelos de inscrición nas oficinas do Rexistro Xeral do concello en días laborables, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

O Punto de Atención á Infancia é un servizo destinado a axudar á conciliación da vida familiar e laboral e está orientado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 3 anos. O centro ofertará a posibilidade dun servizo de xornada completa ou media, para desta forma adaptarse da mellor forma posible as necesidades dos pais e nais. Estas prazas están dispoñibles sen limitación de pertenza ó Concello de Cabanas ou limítrofes. Todas aquelas persoas interesadas en solicitar praza no centro de Cabanas poderán atopar toda a información así como os modelos a cubrir nas Oficinas Xerais do Concello, na páxina web www.cabanas.es ou ben conseguir máis información chamando ós Servizos Sociais no 981 49 59 59.

Páxinas