Inicio

A Feira do 21 cumpre 105 anos
  • Xoves, 16 Xuño 2016

O Concello de Cabanas invita á veciñanza a acudir á cita o 21 de xuño para festexar o aniversario dun dos mercados máis antigos da comarca

Haberá posto de pulpo e xantar a prezos populares

Últimos días para anotarse na Ruta Circular por Cabanas
  • Luns, 13 Xuño 2016

Concello e Club KDM Cabanas organizan o vindeiro domingo, 19 de xuño, unha ruta circular de sete quilómetros para dar a coñecer o patrimonio etnográfico e arquitectónico do municipio. Está aberta á participación de todo o mundo, tendo presente que a dificultade é moderada.

Cabanas da luz verde á alianza estratéxica con Ares e Mugardos en materia de xuventude
  • Venres, 10 Xuño 2016

Cabanas, Ares e Mugardos apostan pola unión para impulsar políticas en materia de Xuventude e concurrirán conxuntamente a unha liña de axudas para ofrecer actividades de ocio ou formación para a mocidade. Nesta liña, o alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, explicou que o pleno deste municipio aprobaba a semana pasada o necesario convenio de colaboración con Ares e Mugardos.

Preto de trinta parellas disputarán a partir deste venres o Torneo de Pádel de Cabanas
  • Venres, 10 Xuño 2016

A área recreativa e deportiva da Veiga será escenario, a partires deste venres, dunha nova edición do Torneo de Pádel de Cabanas. 12 parellas na categoría feminina; 8 en mixtos e 6 na masculina disputarán a competición organizada polas Concellerías de Deportes e Cultura. A competición arrancará ás cinco do serán e os partidos prolongaranse ata as 20,30 horas.

Páxinas