Inicio

Conferencia da activista Amelia Tiganus no IES Fraga do Eume
  • Venres, 10 Xaneiro 2020

A activista feminista e abolicionista Amelia Tiganus (Romanía, 1984) ofrecerá unha charla o próximo luns 13 de xaneiro, entre as 12.30 e as 14.30h, ao alumnado do IES Fraga do Eume, un evento organizado polo Concello de Cabanas.

Aberto o prazo para solicitar ou renovar a tarxeta de residente
  • Xoves, 09 Xaneiro 2020

 
O Concello de Cabanas informa de que está aberto o prazo para solicitar ou renovar as tarxetas de residentes, unha acreditación que permite á veciñanza aparcar nas zonas delimitadas a tal fin, situadas na avenida da Madalena e diante do Centro de Saúde.
 

Cabanas dá tres meses de prazo para limpar a maleza nas beiras das pistas
  • Venres, 03 Xaneiro 2020

O Concello de Cabanas vén de publicar un bando no que lembra a obriga de cumprir coas distancias entre plantacións e vías públicas, tal e como se recolle na normativa da Xunta sobre prevención de incendios, e dá tres meses de prazo á veciñanza para limpar o arborado e maleza ás beiras das pistas municipais.

Cabanas aproba os Orzamentos municipais para 2020
  • Luns, 30 Decembro 2019

O Concello de Cabanas aprobou o pasado sábado en sesión plenaria extraordinaria os Orzamentos municipais para 2020, uns orzamentos axustados á realidade nos que destaca a aposta do goberno polo ámbito social.
 
No apartado de ingresos cabe destacar o axuste para adaptalos á realidade, tomando como referencias a execución e a previsión do 2019, a liquidación do orzamento de 2018 e o censo actualizado para o cobro de impostos e taxas.
 

Páxinas