Inicio

Cabanas constitúe unha bolsa de emprego de persoal auxiliar de Axuda no Fogar
  • Xoves, 04 Xuño 2020

 Concello de Cabanas vén de anunciar a constitución dunha bolsa de emprego de persoal auxiliar de axuda no fogar, que ten como obxectivo reforzar o servizo a efectos de cubrir necesidades transitorias que requiran puntualmente a contratación de persoal laboral para realizar tarefas de substitución por ausencia de persoal, incapacidade laboral transitoria, permisos ou licenas e acumulación de tarefas.

Procedemento de cita previa para o Catastro
  • Mércores, 03 Xuño 2020

O Concello de Cabanas informa que desde o momento da reapertura dos servizos presenciais de atención ao público, a veciñanza que desexe acudir a algunha xerencia de Catastro debe obter con antelación unha cita previa.

Cabanas súmase ao manifesto “Cooperación contra o coronavirus”
  • Luns, 01 Xuño 2020

O Concello de Cabanas, xunto con outros catorce concellos galegos, aprobaron o manifesto “Cooperación contra o coronavirus”, que promove no eido estatal a Confederación de Fondos de Cooperación y Solidariedad, da que forman parte novo fondos que representan a máis de 1.300 administracións locais, entre eles o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
 

Boletín de ofertas de emprego elaborado polo Servizo de Orientación Laboral
  • Sábado, 30 Maio 2020

Compartimos o boletín de ofertas de emprego elaborado polo Servizo de Orientación Laboral da semana do 22 ao 29 de maio.

Neste número tamén se inclúen os enlaces de interese para solicitar prestacións durante o Estado de Alarma e o paquete de medidas urxentes e complementarias para autónomos e PEMES

Cabanas convoca unha praza de persoal técnico de turismo
  • Sábado, 30 Maio 2020

O Concello de Cabanas vén de abrir a convocatoria para a selección dunha persoa para a praza de persoal técnico de turismo, para o servizo de promoción turística do concello, na Oficina de Información situada no Parque do Areal.

Tal e como figura na convocatoria, publicada no BOP do venres 29 de maio, que se pode descargar ao final deste mesmo artigo, poden optar á praza as persoas con titulacións vencelladas á área, como os graos de Turismo, Humanidades, Xeografía ou Historia da Arte, entre outras. As persoas interesadas deben presentar as solicitudes ata o día 5 de xuño.

Páxinas